O Humble Software Bundle oferta aplicacións informáticas con fins solidarios
mércores, 21 de xuño do 2017
AÃnda que os lotes ofrecidos a través de Humble Bundle
tenden a estar formados por xogos independentes ou por recompilacións de
tÃtulos dun estudio en concreto para captar fondos para causas solidarias,
permitindo que o usuario sexa o que decida a cantidade económica a achegar,
esta quincena sorpréndennos
cunha selección de software tan completa como atractiva.
As aplicacións informáticas que recibirán as persoas que acheguen a partires de
1 dólar están CloudApp Pro (cunha licenza de 6 meses), Soda PDF Home (licencia
doméstica desta aplicación que permite crear e converter documentos PDF) e un
cupón de 30 dólares para contidos dentro da aplicación MAGIX Music Maker.
Máis interesante resultan as aplicacións que recibirá quen aporte máis da media
(8,40 dólares no momento de escribir estas liñas), pois inclúe unha licenza dun
ano do xestor de contrasinais LastPass Premium, a aplicación de ilustración
Corel Painter Essentials 5 e os interesantes Corel Photo Brush – AfterSot e Corel
Photo Brush – ParticleShop.
Para os que se animen a achegar dende 12 dólares as aplicacións que se
incluirán serán tamén 1 licenza anual para 3 dispositivos de Panda Antivirus
Pro, unha licenza dun ano do navegador web privado Windscribe e o editor SOUND
FORGE Audio Studio 10.
Temos aquà unha atractiva selección de software por un prezo moi axustado, que
de seguro que moitos creadores estarán dispostos a pagar para facerse con aplicacións
de xeito legal ou, simplemente, para probar novas ferramentas sen ter que facer
un grande investimento.