O Halo: Reach de Xbox 360 xa pode xogarse en Xbox One

xoves, 17 de decembro do 2015 Marcus Fernández

A retrocompatibilidade de xogos de Xbox 360 na Xbox One está a ser moi ben recibida polos usuarios, e esta resposta aínda será moito mellor despois de hoxe, xa que a listaxe de xogos compatibles ampliouse de xeito importante, non en número senón en relevancia, xa que entre os 16 xogos de Xbox 360 que xa funcionan na Xbox One dende agora están títulos tan esperados polos usuarios como o aclamado Halo: Reach (considerado a mellor entrega da franquía) ou Fable III.
Outros títulos de 360 que xa poden xogarse en One son Braid (un dos xogos indie máis representativos da anterior xeración), Doritos Crash Course, Hydro Thunder, Iron Brigade, Kane & Lynch 2, Motocross Madness, MS. PAC-MAN, Peggle, Portal: Still Alive, Spelunky, Splosion Man, Ticket to Ride e Zuma’s Revenge!.
Lembremos que, aparte das periódicas ampliacións do catálogo de xogos retrocompatibles, os títulos de Xbox 360 incluídos no programa Games With Gold serán tamén retrocompatibles, de xeito que se dobra o número de xogos que reciben sen custo adicional os subscritores de Xbox LIVE Gold.

PUBLICIDADE