O HTC Magic supera o millón de unidades

xoves, 13 de agosto do 2009 Marcus Fernández

Os terminais telefónicos co sistema operativo Android comezan a pegar con forza no mercado, e aínda que polo momento apenas o seu catálogo estea limitado os HTC Dream, Magic e Hero, a súa aceptación está a ser boa, e o seu fabricante confirmou que o HTC Magic (comercializado en España en exclusiva por parte de Vodafone) superou o millón de unidades dende o seu lanzamento o pasado abril.
Non estamos ante unhas vendas espectaculares, pero hai que destacar que o Android non é exclusivo dun único terminal, polo que nos vindeiros meses veremos un amplo repertorio de móbiles que o usan, pero non serán só dispositivos de gama alta, senón que na segunda metade do ano comezaremos a ver móbiles de gama media que fagan uso do sistema operativo promovido por Google.

PUBLICIDADE