O Guitar Hero: Metallica podería funcionar cos micrófonos de Lips

martes, 3 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Os responsables de Rock Band 2 anunciaron hai meses que estaban a preparar unha actualización para o seu xogo que permita o uso do micrófono incluído con Lips, e tras este anuncio de Harmonix chegan agora os de Neversoft e sorprenden en Twitter asegurando que o seu futuro Guitar Hero: Metallica funcionará co micrófono de Lips, o que garantiría a compatibilidade deste tipo de periférico nos futuros Guitar Hero (aínda que non parece que vaian publicar un parche para as anteriores entregas desta popular saga).

PUBLICIDADE