O Firefox 8.0 xa está dispoñible para a súa descarga
luns, 7 de novembro do 2011
- Pese a non terse anunciado oficialmente, xa podemos descargar o Firefox 8.0 en galego
Hai pouco máis dun mes saÃa oficialmente o Firefox 7.0, e aÃnda que o navegador web da Fundación Mozilla continúa na versión 7.0.1, xa é posible descargar a súa versión 8.0 en galego para Windows, Mac OS X e Linux, que pode interesar a moitos habituais desta popular aplicación (pese a que vai perdendo pulo, principalmente pola forma que está a tomar o Google Chrome) xa que inclúe novidades de interese como a incorporación de Twitter na barra de busca, mellor soporte de HTML5, carga de lapelas baixo demanda (mellorando o tempo de inicio cando se restaura unha fiestra), a desactivación de xeito predeterminado dos engadidos de terceiros (preguntando os que queremos activar, evitando asà sorpresas desagradables), melloras de estabilidade... o que veñen a ser os cambios habituais dunha nova versión do navegador de Mozilla, que aÃnda non foi anunciada oficialmente, pese a que xa é unha versión estable. Espérase que o lanzamento oficial desta nova versión do Firefox teña lugar mañá mesmo.