O Eurobasket poderase seguir na Rede dende balonSexta.com

mércores, 22 de agosto do 2007 Marcus Fernández

Nova web de laSexta para seguir o EurobasketPese os atrancos iniciais tralo lanzamento da web de laSexta Noticias, os responsables da canle televisiva seguen a crer na Internet e as súas posibilidades, polo que ante o inminente Eurobasket abren unha nova web, balonSexta.com na que informan das novidades do mundo do baloncesto dun xeito entretido e pouco convencional co que pretenden dar algo máis que o que se ofrece na televisión.


Sara Carbonero presentando a nova web

Para demostrar a súa aposta polos novos medios, o novo espazo contará cun blog da canle, un videoblog da estrela española Pau Gasol e un videoblog presentado por Sara Carbonero no que se fai un repaso das novas da xornada.

Pau Gasol terá o seu propio videoblog en balonSexta.com

O novo espazo aposta pola comunidade, a web 2.0, de xeito que os usuarios poderán compartir comentarios, imaxes e vídeos, o que xa de por si resulta bastante innovador, pero que sumado ó feito de que laSexta pretende emitir en directo os partidos da selección española (están en negociacións coa FIBA para ver se poden retransmitir o resto dos encontros) mediante streaming converten a esta iniciativa en todo un referente.

PUBLICIDADE