La Sexta Noticias estréase na Rede
martes, 19 de xuño do 2007
La Sexta quere mellorar a súa presenza na Internet, e
aproveita a forza dos seus informativos para abrir camiño. AsÃ, a nove meses da
súa estrea na televisión, La Sexta
Noticias estréase na Rede nunha nova web na que pretenden achegarse ós seus
espectadores conservando a súa visión da realidade comprometida, inconformista
e positiva.
- Os presentadores de La Sexta Noticias
Non só difundirán de xeito textual algunhas novas relevantes, senón que
incorporan un visor multimedia que conforma unha canle televisiva á carta, permitindo o seguimento en
directo e en diferido dos seus informativos e mesmo elixindo as novas que se
queren contemplar.
Tamén abrirán as novas á colaboración dos espectadores, creando unha comunidade
virtual ó seu redor, permitindo incluso o envÃo de vÃdeos, de
xeito que os cidadáns se poidan converter en xornalistas televisivos.
A mesma web servirá de plataforma de lanzamento para outros contidos
televisivos de La Sexta,
de xeito que en breve, programas coma Sé
lo que hicÃsteis, El Intermedio
ou El Club de Flo amosarán os seus
mellores ós internautas.
A presentadora da edición de noite de La Sexta Noticias, Mamen Mendizábal, presentaba asà a súa nova web: