O Concello de Monforte inaugura unha mostra participativa sobre Lois Pereiro
martes, 12 de abril do 2011
A figura de Lois Pereiro, o vindeiro
homenaxeado na festa das nosas Letras (17 de maio), está a ser obxecto de
continuas reivindicacións, tanto na Rede
galega como
sobre os nosos escenarios. En certa maneira, o recoñecemento a Pereiro era
unha das grandes materias pendentes do paÃs, ás veces (por desgraza) máis preocupado
de encomiar a certos autores que malia ter nacido aquà nada teñen que ver co
noso. Pero Lois Pereiro si: representa o mellor dese punto máxico onde a liña
da tradición literaria galega se converte sutilmente en vangarda. Asà o
entenden dende a súa vila natal, Monforte, onde veñen de inaugurar unha mostra
interactiva que divulga a obra e a vida do escritor.
A exposición, habilitada na casa da cultura de
Monforte, inclúe entre outras cousas unha completa escolma fotográfica de
Pereiro con preto de 200 imaxes, cada unha delas un punto de vista sobre o noso
poeta e, tamén, sobre os seus familiares e os seus amigos e veciños.
De feito, esta vontade de implicar a segundos
e terceiros é unha das claves para entender a interactividade da mostra. Tódolos
visitantes terán ocasión de deixar os seus nomes e as súas lembranzas persoais
nas fotos, cóntase dende El Progreso. En boa
medida, do que se trata é de converter a mostra nunha rede social, tal e como
se sinala, con cada integrante da comunidade achegando comentarios e mensaxes
sobre as devanditas imaxes. O froito de todo isto será unha mostra en
desenvolvemento continuo, igual que unha rede social ou unha comunidade en
liña.
Estas e outras imaxes artéllanse nunha serie
de paneis de grandes dimensións, acompañados de textos dirixidos a divulgar a vida
e o legado literario de Lois Pereiro. A maiores, ofrécense anacos audiovisuais
das entrevistas nas que participou o autor e das curtas (como Val de Bágoas), reportaxes e obras
musicais nas que participou.
A mostra intégrase dentro dunha completa
iniciativa cultural do Concello de Monforte, toda ela encamiñada á divulgación
do poeta local.