SICON

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3015 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

O Colexio Manuel Peleteiro de Santiago acolleu un obradoiro sobre acoso dixital

xoves 9 de febreiro do 2012, por Redacción | | Compartir | |

PNG - 589.2 KB
O responsable de Xuventude, Ovidio Rodeiro, visitou o obradoiro celebrado no centro educativo Manuel Peleteiro

O Día Internacional da Internet Segura, un evento mundial posto en marcha para promover as navegacións nas mellores condicións de protección posíbeis, sobre todo atendendo á adolescencia e á nenez, tamén tivo repercusión na nosa terra. De feito, o pasado día 7, precisamente o Día da Internet Segura, puidemos saber do desenvolvemento duns obradoiros sobre as cuestións das que trata esta celebración dirixidos á mocidade galega. Esta actividade veu da man da Dirección Xeral de Xuventude, a través de Quérote+, e dun equipo de investigación tecnolóxica da Garda Civil.
Celebráronse no Colexio Manuel Peleteiro de Santiago e xiraron arredor de temas de importancia sobre a vida dixital dos máis novos, como por exemplo o ciberbullying, a práctica de tirar partido das novas tecnoloxías para acosar a nenos e adolescentes, dentro e fóra dos centros escolares. Estas actividades insírese nun programa máis amplo, Convivencia e redes sociais, nos que se abordan as aptitudes para evitar casos de acoso escolar ou informático. En total, o programa incluirá 26 obradoiros, arestora en desenvolvemento na provincia da Coruña.
O responsable de Xuventude, Ovidio Rodeiro, participou no obradoiro celebrado no centro Manuel Peleteiro co obxectivo de difundir entre os mozos e mozas a importancia de navegar con seguridade pola rede. “Con estes obradoiros queremos dotar aos alumnos da ESO das ferramentas necesarias para acadar esta seguridade tanto desde os ordenadores como desde os móbiles”, sinalou.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS