O Cocktail 4.3 axuda a eliminar troianos do Mac

xoves, 12 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Os usuarios de Mac OS X poden optar por adquirir a aplicación Cocktail 4.3 (Leopard Edition) por 14,95 dólares (10,92 euros) para poder facer uso de avanzadas funcións de Unix no seu Mac, que axudan na configuración, reparación e limpeza do sistema operativo, que nesta última versión gaña moito interese por incorporar tamén opcións de borrado dos troianos máis comúns (Services.A, iServices.B, RSPlug.A, Jahlav.A, Leap.A, Astht.A, Astht.B ou PokerStealer) o que incrementa o atractivo desta aplicación que na actualidade está instalada en máis de 200.000 equipos de todo o mundo.

PUBLICIDADE