O Camiño dos Satélites recibe o apoio da Xunta para promover a súa mensaxe de inclusión TIC
mércores 27 de xaneiro do 2010, por |
O Camiño dos Satélites, a iniciativa posta en marcha por AGESTIC e FTS para tirar partido do Xacobeo en beneficio da inclusión tecnolóxica das persoas con diversidade funcional, volve estar de actualidade. Se hai unhas semanas informamos da súa presentación en Santiago e logo en Madrid, agora toca falar do pulo que vén de recibir da Xunta de Galicia, apoio formalizado hoxe mesmo no Centro ON de Caixa Galicia na rúa Nova en Compostela.
Pois ben, O Camiño dos Satélites, que ten no cantante e deportista invidente SerafÃn Zubiri a súa principal face visible (envolto nunha peregrinación a Santiago que comezará o vindeiro 2 de outubro en RoncesValles e na que participarán máis de 20 persoas invidentes), contará co respaldo de até dúas secretarÃas xerais (Modernización e Familia e Benestar) e unha sociedade anónima galega (a de Xestión do Plan Xacobeo).
O obxectivo destes novos apoios á iniciativa de AGESTIC e a Fundación TecnoloxÃa Social (FTS) é o de promover o Camiño de Santiago e máis a Internet (a fin de contas, outro camiño) como espazos de inclusión e de comunicación total para todos os colectivos.
Este é precisamente o alicerce da proposta, que entre outras cousas servirá para a presentación dunha tecnoloxÃa baseada en GPS e GPRS, de nome Kapten, aplicada para achegarlles aos peregrinos invidentes –a través de audio-guÃas- información continua sobre a súa situación e as caracterÃsticas principais (culturais, sociais, turÃsticas) do treito que están a percorrer. Os informes de accesibilidade ou as audio-guÃas para persoas con diversidade funcional, asà como a emisión do documental El Camino con SerafÃn Zubiri, son algunhas das actividades que se desenvolverán grazas a este proxecto.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
















