O CPETIG organiza en xuño un completo programa de charlas sobre menores e uso seguro das redes sociais
luns, 3 de xuño do 2013
O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en
Informática de Galicia, no marco do convenio asinado coa Axencia
para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) vai
organizar este mes de xuño unhas interesantes actividades de
divulgación sobre as cousas que podemos facer, como pais ou como
titores, para achegar o máximo tino e sentido común nas navegacións
dos nosos fillos ou alumnos. As charlas sobre Os
menores e o uso seguro das redes sociais terán lugar en
Santiago, A Coruña e Ourense os días 18, 19 e 20 de xuño,
respectivamente.
Segundo informa o colexio, está aberta xa a
inscrición para a edición de Santiago de Compostela no Centro
demostrador TIC de Galicia. En palabras da entidade profesional
que dirixe Marcos Mata, “o obxectivo destas actividades
é sensibilizar aos pais sobre os principais riscos existentes polo
uso non apropiado destas ferramentas e ao mesmo tempo
proporcionarlles os recursos necesarios para axudar na prevención
dos mesmos ou minimizar as súas consecuencias”.
Segundo
engade o colexio as redes sociais e a Internet en xeral precisan de
novas respostas pola nosa parte no camiño da protección para os
navegantes, sobre todo de cara aos máis pequenos. Cómpre, polo
tanto, estarmos ao tanto das novas tendencias, das novas tecnoloxías
e servizos de comunicación de meirande pegada entre os adolescentes
e, tamén, das novas facianas que adquiren cada pouco na Rede unha
serie de comportamentos que veñen de antigo e das que non son
culpábeis as TIC: o abuso, o acoso ou as tentativas de manipulación
dunhas persoas cara a outras. Para o CPETIG, “conceptos
como ciberbulling (acoso entre menores), grooming (acoso entre un
adulto e un menor) ou sexting (envío de fotografías
sexuais), por desgraza empezan a ser de uso corrente, facéndose
necesario establecer mecanismos e canles de control e denuncia, na
que a colaboración entre pais, educadores e a sociedade en xeral é
absolutamente necesaria”.
Programa de actividades
18: 00 –
18:30 Marta García de la Concha Álvarez - Fiscal delegada
de Criminalidade Informática na provincia de Pontevedra. Charla:
O menor como vítima ou responsábel de delitos cometidos a través
de Internet.
- Protección penal dos
menores vítimas do delito.
- As novas figuras de delito:
childgrooming, ciberbullying, pornografía infantil...
- A
responsabilidade penal dos menores de idade
- A responsabilidade
civil solidaria dos pais ou titores: menores de 18 anos /menores de
14 anos
- Cooperación xudicial internacional no ámbito da
criminalidade informática.
18:30 –
19:00 Gonzalo Sotelo Seguín - Equipo de Delincuencia Tecnolóxica -
Comandancia da Garda Civil de Pontevedra. Charla:
Menores e novas tecnoloxías, benvidos ao deserto do real.
- Grooming,
ciberbulling, sexting e xeolocalización, novos riscos para o
menor
- Investigación policial (Redes Sociais e dispositivos
móbiles)
- Cooperación e traballo con operadores de
servizo-contidos e operadores xurídicos - A importancia do
coñecemento e da educación
19:00 –
19:30 María de Sousa-Valadas Castaño - User Support &
Translations Manager en Tuenti. Charla:
Tuenti, privacidade e seguridade.
- Que é Tuenti e para
que serve
- O novo Tuenti, amigos vs. contactos
- A
privacidade en Tuenti
- Idade mínima, protocolo de detección de
menores de 14 anos
- Centro de axuda e seguridade
19:30 –
20:00 Mª Rosario Soltero Mayor - Diplomada en Informática –
Colexiada do CPETIG. Charla:
Consellos técnicos para o uso seguro das redes sociais.
1.
A presenza de Internet na nosa vida cotiá
- Conectividade ao
alcance de todos
- Multitude de servizos na rede
- Como
curiosidade, Internet das cousas
2. Web 2.0
-
Introdución - Redes sociais máis utilizadas: Facebook, Twitter,
Google+, Tuenti, Linkedin, Flickr, Youtube
3. Consellos técnicos
-
Seguridade básica en internet
- Seguridade con dispositivos
móbiles
- Pautas para un bo uso das redes sociais
-
Configuración de seguridade e privacidade nas principais redes
sociais
Destinatarios das
charlas
Pais, nais, titores legais e
formadores que desexen coñecer os riscos e consecuencias dun mal uso
das redes sociais, profesionais do sector que desexen ampliar os
coñecementos sobre cuestións legais que afectan a estas
ferramentas. E en xeral, usuarios que desexen ter máis información
de como usar estas aplicacións dun modo seguro.