O COETG convoca os Premios Galicia das Telecomuniacións 2013

mércores, 31 de xullo do 2013 Redacción

O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) convoca unha nova edición dos Premios Galicia das Telecomunicacións 2013, que serán entregados no marco da XVIII Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información o vindeiro 25 de outubro no Gran Hotel da Toxa e estará dedicado ás TIC aplicadas á mobilidade viaria, con especial fincapé na mellora da seguridade e da sustentabilidade no sector da automoción.

Imaxe do acto de entrega dos Premios na súa pasada edición

Os recoñecementos que se entregarán no día estelar das telecomunicacións galegas serán o Premio COETG-Gerardo García Campos á mellor iniciativa empresarial no sector TIC 2013, patrocinado pola Fundación homónima e dotado con 6.000 euros, é unha iniciativa que premia aqueles proxectos empresariais emerxentes no ámbito das TIC que representen unha innovación, coa finalidade de darlles un impulso económico, empresarial e social a aquelas empresas que están empezando a súa andaina; o Premio COETG-Gradiant á mellor tese doutoral aplicada ao sector TIC 2013, distinción que pretende fomentar a realización de teses doutorais como vehículo de xeración de coñecemento e recoñecer a aqueles investigadores das universidades galegas que teñan completada a súa tese doutoral nun eido aplicable ao sector TIC; e o Premio COETG-INEO ao produto ou servicio TIC máis innovador do 2013, instituído pola AETG e patrocinado por INEO, a Asociación Multisectorial de Novas Tecnoloxías da Información e Comunicación, está destinado a recoñecer ás empresas que estean a contribuír ao impulso do sector galego das TIC e a dinamización da Sociedade da Información e o Coñecemento en Galicia.

PUBLICIDADE