O Asus Eee PC 701 comezará a venderse en España o 26 de maio

xoves, 24 de abril do 2008 Marcus Fernández

Despois dunha longa espera, o vindeiro 26 de maio comezará a venderse en España o Asus Eee PC, aínda que o modelo que chegará polo momento será o PC 701, que conta con 512 Mb de RAM , 4 Gb de disco de memoria sólida, 900 gramos de peso e unha pantalla de só 7 polgadas, vendéndose a 299 euros co sistema operativo Xandros (Linux) ou a 329 euros de incluír Windows XP.
Desafortunadamente o desembarco do Eee en España será despois de que aparecesen distintos competidores directos no mercado e mesmo coincidirá coa comercialización noutros países europeos do Eee PC 900, que destaca por contar cunha pantalla de 8,9 polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 píxeles (de xeito que é moito máis apto para a navegación web) a un prezo moi semellante.

PUBLICIDADE