O Acer Aspire One venderase con 3G a partires de agosto

luns, 14 de xullo do 2008 Marcus Fernández

Os ordenadores ultraportátiles de baixo custo continúan a chegar en masa ao mercado, e para facerse un sitio deben optar por destacar nalgunha prestación, e o Acer Aspire One parece que atopou a fórmula para resultar atractivo, pois vai comezar a venderse en agosto incluíndo no seu interior un módulo 3G, de xeito que se pode introducir no equipo unha tarxeta SIM de calquera operadora para conectarse mediante banda larga móbil dende calquera lugar sen ter que utilizar un modem USB.
Aproveitando as facilidades que abrirían os novos ultraportátiles de Acer, a compañía parece que está a manter contactos con distintas operadoras de telefonía móbil para que sexan as que vendan estes equipos con 3G integrado, de xeito que poderían subvencionar os ordenadores a cambio de subscribir conexións de banda larga móbil.

PUBLICIDADE