O 90% do barrio de Chueca xa conta con cobertura Wi-Fi

xoves, 13 de setembro do 2007 Marcus Fernández

O director da revista Zero e o responsable de marketing de FON España proban a conexión Wi-Fi na Praza de Chueca

O pasado 30 de xuño a revista Zero e FON promoveron a creación dunha rede Wi-Fi no barrio madrileño de Chueca e agora sabemos que a rede chuecaWiFi conta xa con 200 puntos de acceso dando cobertura ó 90% do barrio.
Alberto Méndez, director de marketing de FON España considera que esta iniciativa conseguiu triunfar grazas «á participación activa dos veciños e comerciantes do barrio, que permitiu un crecemento viral e acelerado do movemento nun tempo record» e agardan «rematar o ano con máis de 300 puntos de acceso e espallar a conexión á Internet máis alá do perímetro urbano do barrio de Chueca».
Esta revolución permite que os veciños e visitantes no barrio madrileño poidan celebrar xuntanzas profesionais nas cafetarías ou mesmo en prazas, xa que saben que contarán con conexións á Rede, e así se crean novo xeitos de vivir e traballar no barrio, o que ten especial interese nun momento no que as redes Wi-Fi parecen vivir unha crise que ameaza a súa supervivencia a longo prazo debido á emerxencia de novas tecnoloxía de comunicación.

PUBLICIDADE