O barrio madrileño de Chueca estreara rede Wi-Fi co gallo do Día do Orgullo Gai

xoves, 7 de xuño do 2007 Marcus Fernández

O vindeiro día 30, coincidindo coa celebración do Europride 2007 en Madrid o barrio de Chueca estreará máis de 100 hotspots que permiten ós internautas navegar pola Rede sen fíos, nunha iniciativa impulsada pola revista Zero e FON.
A nova rede Wi-Fi (de balde para os usuarios de FON) espallarase entre as rúas Gran Vía, Fuencarral, San Mateo, Fernando VI e Barquillo, servindo a experiencia coma banco de probas para desenvolver espazos semellantes noutros barrios españois.
Actualmente o Concello de Madrid xa iniciou un servizo Wi-Fi de balde para dar acceso á Rede na praza de Santo Domingo, converténdose no primeiro espazo ó aire libre da cidade con conexión á Internet, ós que se suman moitos outros hotspots en universidades, bibliotecas e centros culturais, aínda que a meirande parte son de pago e pertencen a hoteis e outros locais de hostalería.

PUBLICIDADE