O 51% de Bq pasa a mans vietnamitas

martes, 4 de decembro do 2018 Marcus Fernández

O anuncio de que Bq chegara a un acordo de colaboración cun grupo vietnamita non só confirmaba a mala saúde da compañía de móbiles no noso territorio, senón que tamén espertara rumores de venda da empresa, que veñen de ser confirmados pola propia Vingroup, que ao anunciar a súa nova liña de móbiles Vsmart dá conta da adquisición do 51% de Bq.
Con esa operación Vingroup quere que a súa nova liña de móbiles teña o paraugas da experiencia dunha compañía con estándares de calidade europeos, á vez que Bq pasa a ser unha compañía vietnamita, o que, xunto á redución das súas operacións no noso territorio dá a entender que o seu futuro é asiático, para desenvolverse nun mercado emerxente con moitas máis posibilidades que o español, no que Bq víase incapaz de competir cos xigantes chineses que desembarcaron oficialmente nos últimos meses.

PUBLICIDADE