Bq busca sorte en Vietnam tras esboroar en España

martes, 27 de novembro do 2018 Marcus Fernández

O fabricante español Bq anuncia esta semana que asinou un acordo co grupo vietnamita Vingroup para vender baixo a súa marca VSmart 2 dos seus modelos de smartphone e contribuír á creación da primeira fábrica de móbiles de Vingroup, capaz de crear até 20.000 terminais ao día e no que Bq tamén fabricarán os seus dispositivos.
Paralelamente Bq está a reducir as súas operacións en España, e incluso coméntase que deixará de estar presente (ou estar presente de xeito só anecdótico) en varias das cadeas comerciais nas que até o momento se vendían e que eran a súa auténtica forza de vendas.
Estariamos ante a reacción á resposta do mercado ante a forte chegada de fabricantes asiáticos como Xiaomi, que agora que teñen presenza oficial no mercado español reducen seriamente a competitividade do catálogo de móbiles de Bq, ofrecendo dispositivos de mellores prestacións e maior calidade de fabricación.
Este ano Bq xa realizou o despedimento masivo de reparadoras da súa instalación de mantemento de móbiles, pasando de 500 a 70, dando boa mostra da mala situación do fabricante no seu mercado natal, que lévao a explorar mercados emerxentes como o vietnamita.

PUBLICIDADE