O 30 de agosto presentarase a OMV de Telefónica en Alemaña

luns, 20 de agosto do 2007 Marcus Fernández

En España estamos a ver como as grandes cadeas comerciais (Carrefour, Eroski...) saltan ó sector da telefonía móbil coma Operadores Móbiles Virtuais (OMV), pero en Alemaña incluso grandes operadoras coma O2 (filial de Telefónica con presenza tamén en Reino Unido e Irlanda) saltan á nova modalidade, polo que o vindeiro 30 de agosto nacerá Fonic.
En Alemaña tanto KPN coma Deutsche Télékom xa tiñan sendas OMV, pero a entrada de Telefónica neste tipo de mercado é toda unha novidade para a compañía, que ten boas posicións na meirande parte dos países nos que ten presenza, polo que non precisaba desta competitiva fórmula de entrar no xogo pola achega de clientes.

PUBLICIDADE