Numerosos xogos para PlayStation 4 ofértanse a menos de 20 euros

mércores, 7 de setembro do 2016 Marcus Fernández

Para animar a moitos xogadores a semana Sony continúa a renovar as súas ofertas na tenda dixital para as consolas PlayStation, colocando como grande oferta da semana o xogo One Piece Burning Blood, xogo que pasar a custar 34,99 euros na súa versión estándar (ou sexa, que rebaixa o seu prezo á metade) mentres que a súa Gold Edition queda en 54,99 euros, prezos que convencerán a máis dun amante dos xogos da franquía nipoa a darlle unha oportunidade se o deixaron pasar no seu lanzamento.
Pero como estamos ante unha oferta moi de nicho, e para satisfacer a un público masivo, sorprenderon cunha importante selección de xogos por menos de 20 euros, de xeito que podemos facernos con Mad Max, Diablo III, Rachet & Clank ou Metal Gear Solid V: The Phantom PAin por 19,99 euros cada un, Need for Speed: Rivals por só 7,99 euros, a remasterización de God of War III por 11,49 euros, a edición definitiva de Sleeping Dogs por 7,99 euros, Alien: Isolation por 9,49 euros, Ultra Street Fighter IV por 10,49 euros ou a edición definitiva de Dishonored por 10,99 euros, entre moitos outros xogos que poden achegar moitas horas de lecer a un prezo moi axustado.

PUBLICIDADE