Novos xogos para PS Plus Premium e Extra

xoves, 13 de outubro do 2022 Marcus Fernández

Os subscritores de PlayStation Plus nas súas modalidades Premium e Extra van recibir unha chea de grandes xogos o vindeiro martes, de xeito que o servizo mellora o seu catálogo con títulos bastante importantes e representativos das súas franquías e xéneros, que atopan así unha maior base de usuarios.
Probablemente o título máis salientable é Grand Theft Auto: Vice City – The Definitive Edition, versión destas clásica entrega de GTA que adaptouse a PS4 e PS5 (lembremos que é un xogo que inicialmente saíu para PS2). Outros xogos que pasarán a formar parte do catálogo de PS Plus Premium e Extra serían Dragon Quest XI S: Ecos de un pasado perdido (PS4), Assassin’s Creed Odyssey (PS4), Dragon Quest Builders (PS4), Dragon Quest Builders 2 (PS4), Dragon Quest Heroes: The World Tree’s Woe and the Blight Below (PS4), Dragon Quest Heroes II: Explorer’s Edition (PS4), Inside (PS4), The Medium (PS4), Naruto to Boruto: Shinobi Striker (PS4), Assassin’s Creed Chronicles: China (PS4), Assassin’s Creed Chronicles: India (PS4), Assassin’s Creed Chronicles: Russia (PS4), Assassin’s Creed III Remastered (PS4), Assassin’s Creed Syndicate (PS4) e Hohokum (PS4).
Tamén mellora o catálogo de PlayStation Classics coas entregas 3, 4 e 5 de Yakuza, Limbo, Ultra Street Fighter IV, Castlevania: Lords of Shadow e Everyday Shooter.

PUBLICIDADE