Novos fallos de Gmail para algúns usuarios

martes, 10 de marzo do 2009

Tras o fallo case xeneralizado de Gmail a nivel mundial durante 3 horas a finais do mes pasado, hoxe volveu a fallar para «un pequeno grupo de usuarios» (cantidade difícil de concretar, e que na incidencia anterior estimábase en máis de 113 millóns).
Dende Google aseguran que o seu servizo ten problemas de acceso que de media está entre os 10 e os 15 minutos ao mes, menos que moitos outros servizos semellantes.

PUBLICIDADE