Novo trailer e portada do Batman: Arkham Asylum

xoves, 12 de marzo do 2009 Marcus Fernández

O xogo para PC, Xbox 360 e PlayStation 3 que desenvolven Eidos e Rocksteady, Batman: Arkham Asylum, continúa a captar moita atención, e cada unha das súas novidades son seguidas por numerosos seguidores do cabaleiro escuro que protexe a cidade de Gotham dos criminais. Esta semana as novas chegan por partida dobre, e así publican cómo serán as portadas do xogo nas súas 3 versións (que teñen a mesma ilustración, pero adaptada aos distintos formatos de caixa), que presenta a un agresivo Batman (batarang en man) baixo a choiva nunha noite de lúa chea, e dende a MTV presentan en exclusiva un novo trailer do xogo co título de The Invisible Predator (o depredador invisible) no que podemos ver detalles in game, que nos ilustran sobre cómo se mesturará neste título o sixilo cos combates, resultando bastante prometedor a nivel gráfico e de animación (queda por coñecerse cómo será a súa xogabilidade.


O novo trailer fai un interesante achegamento ao que será o xogo final

PUBLICIDADE