Novo trailer de Spider-Man: Edge of Time

luns, 13 de xuño do 2011 Marcus Fernández

Spider-Man deberá enfrontarse ao perigoso Anti-Veneno no seu novo videoxogo

Tras o éxito de Spider-Man: Dimensions, aos estudos Beenox permitíronlles repetir a súa fórmula, de xeito que para este outono preparan Spider-Man: Edge of Time, que desta volta en vez de mesturar 4 versións distintas do trepamuros, limítase a 2, collendo o home araña tradicional, nunha aventura a que xuntará esforzos coa súa contrapartida de 2099 para evitar a súa morte antes de tempo, endereitando así a liña temporal.
Esta aventura para PlayStation 3, Xbox 360 e Wii, promete ser tan divertida como a anterior obra de Beenox, e os últimos días no E3 deixaron ver algunhas imaxes que confirman a excelencia do título, dando a entender que o grande reto ao que terá que facer fronte Peter Parker será ao poderoso Anti-Veneno.
Aínda que non estamos ante unha continuación do anterior Dimensions, Beenox terá que loitar contra o posible tedio que causaría a produción de títulos de Spider-Man cada ano, polo que desta volta optan por facer que os dous fíos argumentais do xogo (o de Amazing Spider-Man no presente e Spider-Man 2099 no futuro) transcorran en paralelo de xeito que cando Peter Parker destrúa un elemento na actualidade, este desaparecerán tamén do mundo de Miguel O’Hara (aínda que estas alteracións temporais non sempre serán para mellor).


Trailer de Spider-Man: Edge of Time publicado no E3

Spider-Man 2099 (Miguel O’Hara) utilizará as súas habilidades para salvar a vida de Peter Parker e corrixir a liña temporal

PUBLICIDADE