Novo emulador de Nintendo 64 para Android

venres, 4 de marzo do 2011 Marcus Fernández

O N64oid pode controlarse mediante mandos virtuais en pantalla

A potencia dos actuais móbiles con Android permítelles correr software coma os emuladores de vellas consolas de videoxogos, e esta semana un autor de emuladores de SNES, Game Boy Advance e MegaDrive estreou N64oid, un emulador da clásica Nintendo 64 que pode adquirirse por 5,99 dólares (uns 4,33 euros) e que permite xogar á meirande parte de títulos da N64 a unha velocidade razoable con son, para o que precisa de móbil de certa potencia (coma o Nexus One ou o Samsung Galaxy S).
O N64oid conta cun teclado virtual configurable, permite mapear as teclas do xogo con botóns físicos, permite a posibilidade de utilizar o acelerómetro coma mando analóxico e está moi nutrido de opcións que poden axustarse para axustar esta aplicación ás necesidades do usuario.
Este novo emulador permite revivir a experiencia de botar unha partida a vellos xogos de Zelda ou de Mario, aínda que ten penden te certa depuración para que funcione de xeito fluído nos móbiles actuais.

Super Mario 64 é un dos xogos que podemos rememorar no móbil grazas a N64oid
Mario Kart 64 é un dos clásicos que permite recuperar no móbil o novo emulador

PUBLICIDADE