Skype podería funcionar a través de 3G no iPhone

martes, 31 de marzo do 2009 Marcus Fernández


Vídeo no que proban o uso de Skype a través de 3G

Hoxe incorporouse á tenda de aplicacións de Apple unha versión de Skype para o iPhone e o iPod Touch, o que podería supor unha revolución para a voz sobre IP, pois permite establecer comunicacións de voz a través da Interne, o que podería ameazar ao modelo de negocio da telefonía tradicional.
Nun principio a aplicación só funcionaría a través de conexións Wi-Fi, pero parece ser que co firmware 3.0 do iPhone tamén será posible facer o mesmo a través de conexións 3G, o que permitiría un uso case universal de Skype, aínda que cómpre destacar que moitas operadoras prohiben nos seus contratos de tarifa plana de datos móbil o uso de aplicacións de VoIP, de xeito que o soño de librarse da telefonía grazas a esta aplicación non sempre poderá converterse en realidade.

PUBLICIDADE