Novo SingStar con temas de intérpretes españois

xoves, 5 de novembro do 2009 Marcus Fernández

Ante o inminente lanzamento de Lips Canta En Español para Xbox 360, Sony anuncia o SingStar Starter Pack: éxitos en castellano para PlayStation 3, que chega esta semana ás tendas españolas por 49,99 euros, e que, aparte dun xogo musical en Blu-ray tamén inclúe 2 micrófonos SingStar sen fíos e un vale para descargar 5 cancións da SingStore.
Este xogo de karaoke para PS3 chámase Starter Pack porque pretende introducir neste tipo de xogos, para que despois o xogador poida mercar mediante descarga as súas cancións favoritas, pois no disco do xogo (pese a ser un Blu-ray) só conta con 5 temas: Aleph de Nena Daconte, Salta de Tequila, Mejor mañana de Vega, 4 segundos de Amaia Montero e Killing me softly de Pitingo (sorprendendo a presenza deste tema, que é en inglés). Os temas descargables de balde serían Somos de Melocos, Inmortal de La Oreja de Van Gogh, Soy tu aire de Labuat, Como Camarón de Estopa e La sonrisa de la luna de Ilsa.

PUBLICIDADE