Artigos desta sección
En marcha unha nova publicación de balde sobre videoxogos: Fase Extra Magazine
Esta semana púxose a disposición dos seareiros dos videoxogos unha nova publicación de balde, interactiva e desenvolvida para iPad. Trátase de Fase Extra Magazine, unha revista sobre lecer tecnolóxico que bota man de Tablet Planet, solución para a achega de contidos hipermedia desenvolvida pola firma española RDL Tech. O lanzamento do primeiro número (...)
Ler máisDismedia celebra a súa segunda xornada de demostración o vindeiro 25 de setembro en Compostela
A empresa galega Dismedia xa ten entre mans unha nova xornada de presentación de tecnoloxías e servizos de seu para o ámbito da docencia, logo do concorrido encontro con profesores e técnicos celebrado no mes de xullo en Compostela, no Centro Demostrador TIC. Pois ben, segundo nos conta José Juan Nimo dende Dismedia, a nova cita será no mesmo emprazamento, o (...)
Ler máisAs Universidades e Industria xuntan esforzos e criterios en materia de innovación
Cómpre impulsar a innovación galega dende tódalas frontes e isto dificilmente se vai acadar de non contarmos con máis e mellores alianzas entre institucións, universidades e empresas. Ao fío deste argumento, os pasados días celebrouse unha xuntanza entre os reitores das nosas tres universidades (Xosé Luís Armesto pola UDC, Juan Casares pola USC e Salustiano Mato (...)
Ler máisCondenan a Motorola a indemnizar a Microsoft por un conflito de patentes
Un tribunal de Seattle vén de dar a razón por segunda vez a Microsoft nun conflito de patentes con Motorola Mobility (compañía pertencente a Google) de xeito que Motorola deberá aboar 11 millóns de dólares para compensar a Microsoft por obrigarlle a trasladar un almacén en Alemaña para esquivar o bloqueo da importación instado por Motorola, así como outros 3 (...)
Ler máisTelefónica presenta en Santander a rede de banda larga fixa e móbil “máis rápida de Europa”
Segue a dar que falar a 27 edición do Encontro de Telecomunicacións que organiza a Universidade Internacional Menéndez Pelayo de Santander. E segue a dar que falar, empresarialmente, para e sobre Telefónica, de feito a operadora é unha das principais impulsoras do evento, xunto coa UIMP. Sen ir máis lonxe, este xoves interveu no marco do encontro Luis Miguel (...)
Ler máisEn marcha a achega de propostas a Galiciencia 2013
O Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole acaba de abrir o prazo de recepción de proxectos para a Galiciencia 2013, que ficará operativo até o vindeiro 23 de outubro. Lembrar que se trata dun evento destinado aos estudantes de Secundaria (facendo fincapé nos da nosa terra pero abríndose tamén aos do resto do Estado) que estean a dar forma a traballos (...)
Ler máisOs novos trebellos de Pioneer ou Philips integrarán conectividade a Spotify
Xigantes históricos da electrónica e do son como Denon, Hama, Marantz, Philips ou Pioneer están a anunciar acordos con Spotify, servizo de música en streaming, destinados a integrar a conectividade a esta plataforma nun bo número dos seus novos dispositivos a través do software Spotify Connect, un recurso que se vai presentar polo miúdo no salón IFA de Berlín (...)
Ler máisGradiant informa que o prazo para optar ao seu premio de teses doutorais TIC entra na recta final
O centro Gradiant informa, para todos aqueles investigadores do ámbito tecnolóxico-dixital ligados ás contornas docentes, que só quedan dez días para presentar traballos ao Premio Gradiant á Mellor Tese Doutoral no Sector TIC, edición 2013. Lembrar que o galardón, dotado con 2.000 euros, diríxese a fomentar a elaboración de investigacións doutorais como fonte de (...)
Ler máisBlackBerry podería pechar a súa venda en novembro
Tras o anuncio da compra de Nokia por parte de Microsoft lembrouse que nos últimos tempos os fabricantes de móbiles que entraron en perdas tardaron uns 2 anos e medio en desaparecer dun xeito ou outro, o que fixo que as miradas apuntasen a BlackBerry, compañía á que poderían quedar ata 6 ou 9 meses de vida, de aí que non sorprenda que The Wall Street Journal (...)
Ler máisEgatel leva a Amsterdam a súa tecnoloxía para aumentar o rendemento dos transmisores
Entre o 13 e o 17 de setembro terá lugar en Amsterdam a Convención Internacional de Radiodifusión IBC 2013 á que acudirá Egatel empresa galega do sector das telecomunicacións situada na Tecnópole ourensá- cun proxecto que é quen de aumentar até un 42% o rendemento dos transmisores. Emporiso, baixo o lema A tecnoloxía máis avanzada feita para durar, Egatel (...)
Ler máis0 | ... | 25040 | 25050 | 25060 | 25070 | 25080 | 25090 | 25100 | 25110 | 25120 | ... | 42400