Artigos desta sección
A multinacional Accenture aposta pola plataforma galega eHabilis, especializada no e-learning
A empresa tecnolóxica galega Sdweb Solucións Dixitais vén de darnos a coñecer un sistema de aprendizaxe a distancia (e-learning) e xestión de coñecemento na nube chamado eHabilis. Esta solución, dispoñíbel xa hai uns 9 meses, acadou a día de hoxe os 40.000 usuarios internacionais, con presenza e implantación en oito países, entre os que se atopan España, Reino (...)
Ler máisO CDTIC acolle este xoves o seminario do CPETIG sobre como achegar máis seguridade nas navegacións dos máis pequenos
Este xoves, das 16 ás 20 horas, desenvolverase no Centro Demostrador TIC (CDTIC) de Santiago de Compostela un seminario gratuíto titulado Os menores e o uso seguro das redes sociais. Sinalar que esta actividade está organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG); atopándose inserida no convenio asinado coa Axencia (...)
Ler máisO piloto Ricardo Suárez amosa este mércores en Vigo a súa experiencia á fronte da tenda en liña Rodamoto
A asociación AJE-Galicia segue adiante coas súas actividades de divulgación arredor de como pór en marcha unha iniciativa empresarial propia botando man das TIC e conseguir un resultado competitivo e rendíbel. Nesta liña insírese a cita deste mércores 25, unha charla co piloto Ricardo Suárez, subcampeón de España de motociclismo que contará aos asistentes, entre (...)
Ler máisMadrid acollerá en outubro a meirande xuntanza internacional sobre o software Chamilo
Seguimos a dar conta de actividades concorridas arredor da programación aberta. Se hai uns días informamos da inminencia do DrupalCamp e máis das novas accións da Comunidade O Zulo pola banda de Mugardos (a pasada fin de semana), agora é a quenda de falar do que se prevé o meirande evento internacional sobre o software libre Chamilo LMS. Cóntanolo a (...)
Ler máisPresentado o mapa interactivo da flora do campus de Lugo
Que os campus galegos teñen unha importante riqueza botánica é cousa sabida. En base a isto e tendo en conta que en si mesmo acubillan creatividade e innovación, ten moito de natural (precisamente) que se fagan bases de coñecemento ou iniciativas TIC con este patrimonio medio ambiental. O máis recente destes exemplos chega dende o campus de Lugo, onde a (...)
Ler máisEn marcha un servizo que nos informa do que teremos que gastar para ter o coche a punto
Hoxe con máis razón, vendo como está a economía de tanta xente, é máis necesario ca nunca saber canto nos van cobrar por calquera servizo antes de animarnos a requirilo. Está práctica de solicitar presuposto parecía estar limitada, até o de agora, a determinados servizos de envergadura (construción, reformas), pero dun tempo a esta parte, afogueirada pola crise, a (...)
Ler máisA galega Tegnix vén de ser acreditada por CENATIC como centro formativo de fontes abertas
A empresa galega Tegnix, especializada en formación e servizos informáticos relacionados co software libre, vén de ser acreditada polo Centro Nacional de Referencia de Aplicación das TIC baseadas en fontes abertas (CENATIC) como fonte de coñecemento de primeira orde e referente a nivel estatal arredor do open source. Máis polo miúdo, a entidade dependente de (...)
Ler máisO Administrador de dispositivos de Android incorpora o bloqueo remoto de terminais
O Administrador de dispositivos Android estreado a primeiros de agosto e que inicialmente permitía a localizalización de móbiles ou tablets extraviados vén de actualizarse para incluír non só as opcións de facer sonar, situar no mapa ou borrar os contidos remotamente, senón tamén para facilitar o bloqueo remoto do terminal, de xeito que cando perdamos un (...)
Ler máisBlackBerry recibe unha oferta de compra por valor de 4.700 millóns de dólares
A empresa canadense BlackBerry anunciou hoxe que asinou un principio de acordo cun consorcio liderado por Fairfax Financial Holdings Limited (Fairfax) para a súa venda por un valor de 9 dólares por acción, o que supón unha operación cun valor total de 4.700 millóns de dólares. Fairfax xa tiña aproximadamente o 10% da compañía e con esta operación faríase coa (...)
Ler máisA LaconNetwork recibe o outono o vindeiro venres no Aquarium Finisterrae da Coruña
O encontro gastronómico dos emprendedores “coa cabeza na nube”, a LaconNetwork, xuntará o vindeiro venres a partir das 13:00 horas a numerosos profesionais do sector tecnolóxico galego no restaurante do Aquarium Finisterrae da cidade da Coruña, lugar onde celebrarán un xantar-networking que ten previsto desenvolverse ás 14:30 horas, precedido por unha (...)
Ler máis0 | ... | 25020 | 25030 | 25040 | 25050 | 25060 | 25070 | 25080 | 25090 | 25100 | ... | 42520