Nova versión de Final Cut Studio

venres, 24 de xullo do 2009 Marcus Fernández

Durante a xornada de onte a tenda en liña de Apple pechou durante varios minutos para incorporar unha nova versión do paquete de edición de vídeo Final Cut Studio, que incorpora máis de 100 características novas e versións renovada de Final Cut Pro, Motion, Soundtrack Pro, Color e Compressor. Amplían a familia de codecs ProRes, engaden soporte de colaboración en tempo real a través de iChat Theatrer (permitindo amosar as montaxes a través de videoconferencia), Motion 4 inclúe ferramentas avanzadas coma sombras 3D, reflexos e profundidade de campo para gráficos en movemento e efectos visuais e Soundtrack Pro 3 incorpora novas ferramentas para son multipista.
O prezo de venda do Final Cut Studio é de 949 euros, mentres que a súa versión de actualización custa 279 euros.

PUBLICIDADE