Nova versión da aplicación oficial de WordPress para BlackBerry

mércores, 26 de maio do 2010 Marcus Fernández

Bloguear dende o móbil cada vez é máis doado grazas a ferramentas que facilitan a publicación de contidos como as aplicacións oficiais de WordPress para iPhone, Android e BlackBerry, e esta última vén de estrear versión 1.2, incorporando importantes novidades como a visualización de estatísticas do noso blog, posibilitar a introdución de gravacións de audio nunha entrada, subir ficheiros multimedia sen ter que asocialos a unha entrada, compartir en WordPress cun único clic dende o navegador e o explorar de ficheiros da BlackBerry, mellor soporte GPS, interface de usuario redeseñada (incorporando soporte táctil) e soporte de máis idiomas (entre os que están o portugués e o español).

PUBLICIDADE