Nokia e O2 colaborará no lanzamento da plataforma Ovi

mércores, 10 de outubro do 2007

A filial británica de Telefónica, O2, está a traballar con Nokia para acelerar a introdución e espallamento de novos servizos de Internet nos móbiles, de xeito que a operadora será a primeira en introducir terminais móbiles con acceso ó portal e á plataforma multimedia de Nokia Ovi. Este acceso será doado para os usuarios xa que se personalizará o menú dos terminais de O2 con estes novos servizos.
O pacto de colaboración entre as dúas empresas tamén inclúe a cooperación na facturación, e serve de exemplo de cómo as operadoras non teñen por qué pór atrancos ó lanzamento de novas plataformas de contidos.

PUBLICIDADE