Nokia presenta unha nova plataforma de videoxogos para móbiles

xoves, 30 de agosto do 2007 Marcus Fernández

En 2004 se constataba que a N-Gage, unha consola portátil de Nokia que tiña algunhas funcións de móbil, fracasaba estrepitorsamente polo seu alto prezo e os seus xogos nefastos (en boa medida por adaptar xogos pensados para pantallas horizontais a un terminal coa pantalla en vertical), pero agora a compañía finlandesa quere resucitar a marca non como unha consola, senón como unha plataforma de videoxogos dentro da plataforma de servizos Nokia Ovi.
Nokia N-Gage funcionará algúns dos últimos terminais de Nokia, e disporá de multitude de xogos que custarán entre 6 e 10 euros e que se poderán probar antes de mercar. Ademais tamén se poderán xogar en rede a través de N-Gage Arena (onde se poderán celebrar campionatos ou compartir as nosas puntuacións nos xogos) e contará co apoio de compañías de peso coma Capcom, Gameloft, EA e Vivenvi Games Mobile.
O lanzamento da nova plataforma será en novembro, podendo os usuarios achegarse ó mesmo a través dunha aplicación descargable dende o PC ou o móbil, que virá precargada en terminais coma os novos Nokia N81 e N95 con 8 Gb de capacidade.
Podemos adiantar que o FIFA 08 de EA Sports, The Sims 2 Pets, Tetris,Tiger Woods PGA Tour e Crash Bandicoot serán algunhas das franquicias doutras plataformas que se poderán ver en Nokia N-Gage, que tamén contará con títulos novos coma Snakes Subsonic e Bounce Boing Voyage.

PUBLICIDADE