Nokia combinará os seus servizos móbiles cos de Vodafone nos seus novos terminais

xoves, 8 de novembro do 2007 Marcus Fernández

Vodafone e Nokia chegaron a un acordo para que o fabricante finlandés integre nos seus novos terminais non só os servizos Nokia Ovi, senón tamén os servizos 3G de Vodafone, de xeito que farán máis doado o acceso destas plataformas por parte dos usuarios.
Os clientes de Vodafone terán así terminais cunha ampla oferta de servizos baseados na Rede, así como a convivencia das tendas musicais tanto de Vodafone coma de Nokia nos móbiles que se vendan en 2008.
Anssi Vanjoki, de Nokia, amosou a súa satisfacción ó traballar con Vodafone para «achegar ós consumidores servizos de Internet como a navegación, a música, os xogos e as comunidades que fan a súa vida máis rica e gozosa, con independencia de hora e lugar».

PUBLICIDADE