Nokia achega o Trivial Pursuit a Windows Phone 8

xoves, 14 de marzo do 2013 Marcus Fernández

O clásico Trivial Pursuit leva dende os anos 80 contando con versións electrónicas para consolas de videoxogos e ordenadores persoais, recuperando certo pulo ao saltar a smartphones e tablets, estando dispoñible incluso para Windows Phone 7.x, pero os usuarios con Windows Phone 8 non podían gozar do mesmo, o que vén de solucionar a propia Nokia para os seus novos dispositivos da familia Lumia, para os que vén de achegar este xogo a un prezo de 2,99 euros.
A versión para Windows Phone do Trivial Pursuit conta con dous modos de xogo (clásico e Pursuit), a posibilidade de facer un seguimento das estatísticas do xogo, personalizar os perfís de usuario, definir os límites de tempo e crear niveis de dificultade personalizados e, ao ser un título baixo a marca Xbox, tamén inclúe logros (como “sabes demasiado” ou “a toda pastilla”), aínda que a súa principal vantaxe é a posibilidade de poder levar un trivial no peto.

PUBLICIDADE