No xogo de combate aéreo multixogador para iOS

luns, 23 de maio do 2011 Marcus Fernández

Nos últimos días chegou á App Store un interesante xogo de balde para iPhone, iPod Touch e iPad que permite gozar dunha experiencia de combate aéreo multi-xogador, MetalStorm: Online, que funciona tanto a través de 3G como por Wi-Fi, e fai uso da tecnoloxía de Game Center para conectar os usuarios para competir en liña (e mesmo para conversar a viva voz con eles). Tamén conta cun Modo Superviviencia no que destruír vagas de inimigos en solitario ou cooperando cun amigo.
Este título, que pode lembrar a moitos ao clásico After Burner, presenta uns gráficos 3D que no caso do iPhone 4 é compatible coa súa Pantalla Retina, e permite elixir entre numerosos avións (personalizables con mísiles e ametralladoras). O control aproveita o acelerómetro dos dispositivos de Apple, pero gañará precisión no caso de contar con xiroscopio (concretamente o iPhone 4 e o iPod Touch de cuarta xeración).
Este xogo é de balde grazas a que conta cun modelo de negocio freemium, ou sexa, que é posible adquirir moedas virtuais no xogo (en vez de ter que avanzar no xogo para gañalas) a prezos que van dende os 0,79 aos 39,99 euros.

O xogo lembra tanto en estética como en mecánica ao clásico After Burner</Em>

PUBLICIDADE