No outono teremos un novo Just Dance

martes, 10 de xuño do 2014 Marcus Fernández

Os xogos de baile continúan a gozar de grande aceptación, e Ubisoft non quere deixar pasar a oportunidade do E3 para amosar o que será o seu Just Dance 2015, título que chegará ás tendas no mes de outubro para todas as plataformas que conten con mandos con control de movemento (Xbox One, Xbox 360, PS4, PS3 e Wii U), contando con 40 cancións de éxito entre as que confirmaron (para EE.UU.) temas como Happy (Pharrell Williams), I Love It (Icona Pop), Holding Out For A Hero (Bonnie Tyler) e The Fox (What Does The Fox Say?) (Ylvis).
Como grande novidade incorporarán Community Remix, que permitirá compartir os bailes co mundo, para que poidan os voten outros usuarios (encargándose logo os responsables do xogo de elaborar unha mestura cos vídeo gañadores); así como tamén continuará o modo multixogador masivo World Dance Floor esteado o ano pasado.
Paralelamente Ubisoft tamén lanzará Just Dance Now, unha aplicación de balde para iOS e Android que permitirá empregar o smartphone como mando e que permitirá así xogar con só ter unha pantalla de ordenador ou un Smart TV preto.


Vídeo promocional para EE.UU. do novo Just Dance

PUBLICIDADE