No outono teremos novo xogo de Dragon Ball Z

xoves, 30 de xuño do 2011 Marcus Fernández

Os máis fieis seguidores de Son Goku e os seus amigos, que gocen dos seus repetitivos xogos de loita, estarán encantados de saber que o vindeiro 28 de outubro vai chegar a Europa en versións para PlayStation 3 e Xbox 360 o xogo Dragon Ball Z Ultimate Tenkaichi, que ata o momento respondía ao nome de Project AGE 2011, e que pretende ser o mellor título desta saga, dando a impresión de que vai por bo camiño se atendemos ao seu novo trailer.
O novo xogo parece centrarse no ataque dos Superguerreiros á Terra, recreando ata o mítico combate entre Son Goku e Vexeta (ou a de Kirilín e Son Gohan contra Nappa) mediante gráficos 3D aos que se lles aplica celshading dando a impresión de que estamos ante unha película de animación tradicional, o que facilita a identificación dos personaxes e permite unha grande fidelidade coa serie de televisión que tanto éxito tivo no seu día na TVG e que resístese de deixar as nosas pantallas.


Novo trailer de Dragon Ball Z Ultimate Tenkaichi

PUBLICIDADE