Nintendo volve a dominar as vendas de videoxogos en España

luns, 15 de xuño do 2009 Marcus Fernández

A Asociación Española de Distribuidores e Editores de Software e Lecer (aDeSe) publicou a súa relación de videoxogos máis vendidos no Estado durante o pasado mes de maio, cuns datos que provocan un certo déjà vu, ou ver cómo non só Nintendo volve a ocupar a metade dos 10 primeiros postos, senón que incluso cólase un título de PlayStation 2 e unha nova entrega de Pokémon.
Así, o xogo máis vendido de maio sería o Pokémon Platino para Nintendo DS, seguido de Wii Fit, Wii Play, Mario Kart (Wii), Pro Evolution Soccer 2009 (PS3), Virtua Tennis 2009 (PS3), El Profesor Layton y la Villa Misteriosa (Nintendo DS), FIFA 09 (PSP), Pro Evolution Soccer 2009 Platinum (PS2) e FIFA 09 (PS3), aínda que podemos entender que esta listaxe tan atípica veña provocada pola rebaixa de prezo dos xogos de fútbol, que permiten que unha esquecida como ao PSP consiga destaque, mentres que a Xbox 360 non chega a ocupar ningún dos 10 primeiros postos (e curiosamente os xogos que máis venderon en tal plataforma foron Pro Evolution Soccer 2009 e FIFA 09, que superaron a Resident Evil 5 e Fallout 3).
A forte entrada dunha nova entrega de Pokémon no primeiro posto da listaxe non debería pillarnos por sorpresa (pois é algo que se repetiu no pasado), así como tampouco debería sorprender que os 3 xogos para Wii que entran no Top 10 corresponden a títulos comercializados con accesorios.

PUBLICIDADE