Nintendo veta aos trampóns na Wii

luns, 23 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Algúns usuarios da Wii están vendo cómo ao intentar conectar a súa consola á Internet para xogar en rede a través do servizo Wi-Fi Connection atopan un código de erro (número 20.102) que estaría provocado por detectar que dende as consolas afectadas se realizaron trampas no xogo Mario Kart para Wii, algo que tamén fixeron no pasado coa Nintendo DS.
Esta medida crear certo temor en moitos usuarios, que temen ser vetados no servizo en liña de Nintendo se teñen instalado na súa consola programas non oficiais, como acontece con Xbox LIVE (pois Microsoft impide que as consolas modificadas poidan usar a súa plataforma de xogo en rede), o que podería ser unha medida anti-piratería en vista da fraxilidade que a este respecto teñen as consolas de Nintendo (que son tanto as máis vendidas como as máis pirateadas).

PUBLICIDADE