Nintendo adianta varias das novidades de Mario Kart 8
xoves, 3 de abril do 2014
O
vindeiro 30 de maio o agardado Mario Kart
8 para Wii U chegará ás tendas fÃsicas e á Nintendo eShop, sendo a
primeira incursión da saga na alta definición, aÃnda que moitos tamén
agradecerán as súas posibilidades multi-xogador, que permiten a 4 xogadores
retarse en local e participar en competicións de ata 12 xogadores en liña.
Aproveitando a proximidade do lanzamento do xogo de carreiras de Mario,
Nintendo desvelou hoxe algunhas das novas caracterÃsticas que terá como o Spin
Turbo (poder circular boca abaixo ou polas paredes), o regreso de varios
personaxes (aparte dos xa anunciados, tamén poderemos elixir como pilotos ao
Mario de metal, a Lakitu e a Shy Guy), novos obxectos (a planta piraña e a flor
boomerang), novos circuÃtos (o xogo
terá 16 circuÃtos totalmente novos e outros 16 circuÃtos clásicos remesturados), música gravada en directo
e diversidade de controis (poderase elixir entre o Wii U GamePad, o mando Pro de
Wii U, o Wii Wheel e o mando de Wii con Nunchuk para controlar o xogo, sendo
incluso posible gozar do mesmo sen televisor, directamente no Wii U GamePad).
- O xogo contará cun cadro de pilotos moi amplo
Novo trailer de Mario Kart 8