Namco Bandai distribuirá Ni No Kuni en Europa
luns, 17 de outubro do 2011
O
estudio de videoxogos Level-5 está a colaborar co estudio de animación Ghibli
(responsable de grandes pelÃculas como Porco
Rosso, La princesa Mononoke e El viaje de Chihiro) no desenvolvemento
do videoxogo Ni No Kuni: Wrath of the
White Witch, que trasladará a maxia dunha pelÃcula de animación xaponesa a
un videoxogo cun acabado magnÃfico no que viaxar por un mundo situado nunha
realidade paralela, no que descubriremos numerosos minixogos e participaremos
en combates propios do xénero principal deste tÃtulo (o rol xaponés). O xogo
chegará ao mercado xaponés dentro dun mes, e aÃnda que non é moi habitual a exportación
deste tipo de tÃtulos, Namco Bandai vén de anunciar que a
primeiros de 2012 vai comercializar o xogo tanto nos EE.UU. como en Europa.
Unha magnÃfica nova para todos os seareiros do estudio Ghibli que teñan unha
PlayStation 3, podendo facerse unha idea do que achegará o xogo final grazas ao
seu novo trailer:
- AÃnda que moitos J-RPG non sae do Xapón, Ni No Kuni vai levarse a EE.UU. e Europa
- O protagonista do xogo vivirá numerosas aventuras para devolver á súa nai á vida
- A historia do xogo transcorre nunha realidade alternativa