Nace a primeira revista española de videoxogos para iPad

luns, 16 de maio do 2011 Marcus Fernández

Un dos podcast de videoxogos máis representativos do panorama actual, tanto pola súa calidade como pola súa constancia, Blade FM, dá un importante salto e, tras estrear a páxina web ZonaBLADE.com hai poucas semanas, presentan agora unha revista para iPad, BLADE Magazine, que pode descargarse de balde da App Store, e que parte dun completo primeiro número no que comentan os últimos lanzamentos para todas as plataformas (Xbox 360, PlayStation 3, Wii, Nintendo 3DS e dispositivos móbiles), inclúen reportaxes en profundidade, guías de xogos e artigos sobre xogos clásicos, sempre dende un punto de vista adulto e apoiado por elementos multimedia como galerías fotográficas e vídeos, de xeito que van máis aló dun PDF, ofrecendo unha experiencia de lectura adaptada a conciencia á pantalla do tablet de Apple.
Esta nova publicación pode lerse con comodidade tanto en vertical como en horizontal (aínda que non sempre coinciden os contidos en cada orientación, de xeito que de cando en vez altérnase o vídeo cun artigo ao xirar o trebello). Máis adiante procurarán adaptar a revista para a súa lectura en tablets con Android.


Anuncio en vídeo do BLADE Magazine

PUBLICIDADE