NBA 2K24 sairá á venda en setembro

venres, 7 de xullo do 2023 Marcus Fernández

2K anunciou que o xogo NBA 2K24 sairá á venda o vindeiro 8 de setembro confirmando un detalle moi de agradecer: os xogadores de consolas PlayStation 5 e Xbox Series X|S poderán gozar de xogo cruzado. Temos así que os usuarios de consola de todo o mundo poderán competir con ou contra outros xogadores con independencia da consola de nova xeración que empreguen.

O xogo contará cos modos de xogo inmersivos Mi CARRERA, MyTEAM e Mi NBA entre outros, e promete permitir recrear as xogadas máis icónicas de Kobe Bryant, xogador que aparece na portada de varias das edicións do xogo. A edición Kobe Bryant do xogo véndese a 59,99 euros para PC e Switch, 69,99 euros para consolas da anterior xeración e 79,99 euros para consolas de nova xeración, estando tamén dispoñibles versións máis caras, que inclúen máis contidos, entre as que destaca a Edición 25º aniversario, que aparte de moitos contidos para o xogo tamén inclúe unha subscrición de 12 meses a NBA League Pass (servizo valorado en 14,99 euros/mes).

Vídeo co que anuncian que NBA 2K24 terá xogo cruzado en consolas de nova xeración

PUBLICIDADE