NBA 2K16 destaca entre os xogos de PlayStation Plus do mes de xuño
martes, 7 de xuño do 2016
A celebración da feira E3 leva a que tanto Sony como
Microsoft coiden os xogos que ofrecen aos seus subscritores de plataformas de
xogos sen custo adicional, para conseguir que os usuarios leven unha boa imaxe
dos seus servizos nun momento no que o foco está sobre as consolas de
videoxogos, e asÃ, durante xuño temos que os usuarios de Xbox LIVE reciben
xogos como Goat Simulator, The Crew ou XCOM: Enemy Unkown, moi superiores ao habitual un mes calquera, e o
mesmo acontece con PlayStation Plus, que xa renovou os xogos deste mes con
gratas sorpresas, sumando os xogos ofrecidos un prezo de mercado de máis de 125
euros.
O xogo máis importante deste mes é, sen dúbida, NBA
2K16 na súa versión para PlayStation 4, de xeito que a meirande parte
do propietarios unha PS4 poderán gozar do xogo de baloncesto de referencia
meses antes do lanzamento da súa vindeira versión, o que probablemente
contribúa a consolidar esta franquÃa deportiva, xa que moitos xogadores que non
lle deran unha oportunidade anteriormente poderán ver en primeira persoa a
magnÃfica recreación dixital do baloncesto que fan dende 2K. Resulta
especialmente rechamante o realismo dos movementos dos xogadores, asà como a
representación visual de figuras como Stephen Curry, Anthony Davis e James
Harden.
O outro tÃtulo para PlayStation 4 no mes de xuño é Gone
Home, un xogo de exploración que redefiniu o xénero e, conseguiu chamar
a atención e conquistar numerosos galardóns como xogo independente. Tamén son
moi discretos os xogos para PS3 (echocrhome:
Un desafÃo para tu mente e Siren
Blood Curse), en contraste coa PS Vita, que pese a ser unha consola
practicamente esquecida por Sony, este mes recibe xogos de primeira fila (Little
Deviants e God
of War: Chains of Olympus), dando a impresión de que estamos ante o
canto do cisne da portátil de Sony.
VÃdeo promocional dos xogos de PlayStation Plus no mes de xuño