Movistar subirá os prezos das súas tarifas móbiles
luns, 29 de maio do 2017
En
febreiro os clientes de móbil de Movistar viron como as súas tarifas mudaban de
nome, pasando de ter coñecida pola palabra Vive seguida dun número que indicaba
o número de euros que tiñan que pagar mensualmente a ter directamente un número
precedido por un cancelo, desligando asà a designación do prezo final do
servizo.
Este cambio veuse compensado cun incremento no volume de datos incluÃdos na
tarifa, pero ao parecer estabamos simplemente ante unha suba de prezos adiada,
pois agora dan
conta de que o vindeiro 18 de xullo entrarán en vigor novos prezos destas
tarifas móbiles, de xeito que os usuarios da Tarifa #6 terán que soportar
unha suba de prezo de 1 euro, a Tarifa #10 terá unha suba de 3 euros e a Tarifa
#20 incrementará o seu prezo mensual en 2 euros, quedando asà estras tres
tarifas en 27, 37 e 47 euros/mes, coincidindo cos prezos das tarifas Smart S,
Red M e Red L de Vodafone, dando a impresión de que os principais operadores
móbiles non queren unha competencia real en prezos que poida erosionar os seus
beneficios.