MovieSD: contidos multimedia en tarxetas microSD

xoves, 30 de xullo do 2009 Marcus Fernández

O mercado xaponés resulta difícil de comprender, con moitos produtos que non chegan a comercializarse nunca en Occidente, e como exemplo podería ser o formato de películas MovieSD, consistente en películas e series de televisión gravadas en tarxetas de memoria microSD para a súa reprodución en dispositivos móbiles, e coma exemplo deste tipo de produto, a serie As Crónicas de Sarah Connor comezará a saír o 16 de setembro no Xapón neste curioso formato por un prezo de 1.980 iens (14,71 euros) cada entrega.
Este tipo de formato resulta un tanto ridículo porque as tarxetas microSD son moi populares e calquera usuario podería gravar contidos descargables nas mesmas, pero entendemos que con esta solución o que buscan precisamente é alzase como unha alternativa á distribución en liña.

PUBLICIDADE