MovieIQ enriquecerá as películas en Blu-ray

venres, 19 de xuño do 2009 Marcus Fernández

MovieIQ permítenos consultar o casting da película que estamos a ver

El perfil 2.0 para discos Blu-ray prometía achegar toda unha serie de prestacións da Internet ás películas, o que nun principio quedou en tímidos experimentos ata que agora Sony Pictures Home Entertainment presenta MovieIQ, unha nova característica para películas en Blu-ray creada grazas a Gracenote que ofrece aos espectadores o acceso a unha base de datos cinematográfica en tempo real, de xeito que durante a reprodución dun filme poderemos consultar o cadro de actores, información sobre a banda sonora, curiosidades… a típica información que teriamos en certas páxinas web especializadas en cine (coma o iMDb), pero que se verán en pantalla de xeito contextual.
Esta nova prestación comezará a incorporarse no mes de setembro nos EE.UU. a lanzamentos como Ángeles y Demonios, Easy Rider, Punch Drunk Love, Rápida y mortal, Silverado e Sexo, mentiras y cintas de vídeo.

PUBLICIDADE