Molyneux recorre ao crowdfunding para desenvolver un novo xogo de deus

venres, 23 de novembro do 2012 Marcus Fernández

Aínda que nos últimos tempos a figura de Peter Molyneux estivo moi ligada a Microsoft e a franquía de Fable, agora que deixou a compañía de Redmond para retomar a súas orixes máis independentes co novo equipo de desenvolvedores 22cans tamén quere recuperar o xénero que o converteu nunha lenda viva do mundo do videoxogo e resucitará o espírito de Populous e Black & White nun novo proxecto chamado Godus que está a buscar financiamento a través de Kickstarter.

22cans é o novo equipo co que Peter Molyneux está a traballar na actualidade en interesantes proxectos que considera experimentos no sector dos videoxogos

Godus será un xogo no que faremos de deus que pretende mesturar a potencial, crecemento e alcance de Populous coa construción detallada e o atractivo do multixogador de Dungeon Keepercoa intuitiva interface e innovación técnica de Black & White, chegando inicialmente a PC e dispositivos móbiles e buscando xuntar 450.000 libras esterlinas para o seu financiamento, o que parece que acadarán sen problema, pois en poucos días xa acadaron máis de 100.000 libras. De conseguir o financiamento, Godus podería ver a luz en setembro de 2013.

Con Godus Molyneux quere recuperar o xénero dos xogos de deus

PUBLICIDADE